
Os obxectivos que establecía este plan poderíanse resumir do seguinte xeito:
- Dotarnos dunha rede de espazos sensibles que satisfixera as demandas de conservación e recuperación do patrimonio natural e dos bosques autóctonos mediante o incremento do patrimonio forestal público.
- Conseguir unha cultura forestal na sociedade galega acorde coa importancia estratéxica do monte e do sector forestal, baseada a un tempo en fundamentos científicos e profesionais.
- Fomentar unha silvicultura profesionalizada como base indispensable para o aproveitamento integral dos recursos forestais e asegurar a súa renovación.
- Ter en conta a necesaria transformación e mellora das estruturas produtivas, co fin de que a dispersión e pequena dimensión actual das parcelas e das explotación, así como o alto número de propietarios e carencia de infraestruturas básicas non impida unha produción estable e competitiva dos montes.
- Incrementar a produción e calidade das madeiras pola dobre vía: ampliando as superficies arboradas, principalmente en terras ocupadas polo mato pero tendo en conta as necesidades de expansión das producións agrogandeiras, e doutra banda mellorando as calidades das masas arboradas a través da ordenación forestal e tratamentos silvícolas.
- Producir madeira de calidade nos montes de xestión pública nos que predomine a función económica.
- Promover un tecido de empresas e industrias forestais que elaboren todos os produtos do monte, compitan nos mercados internacionais e acheguen o maior valor engadido aos nosos recursos.
- Integrar aos diferentes axentes do sector forestal mediante o apoio ás súas organizacións profesionais.
- Establecer unha Administración forestal con servizos comarcalizados de xestión e con competencias acordes coa nova dimensión do sector.
- Desenvolver un sistema de formación e de ensinanzas forestais que satisfaga as demandas de especialistas dos diferentes ámbitos forestais, establecendo os niveis medio e superior de ensino das diversas especialidades.
- Fortalecer e complementar o sistema de investigación forestal de Galicia como elemento clave do desenvolvemento do sector, desenvolvendo programas de investigación e transferencia tecnolóxica.
(Fonte Xunta de Galicia)
Ningún comentario:
Publicar un comentario